EconomíaEconomíaÚltima hora

A Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico contará con 25 expositores na praia fluvial do Barco

A mostra con produtos galegos e portugueses, estará aberta na fin de semana do 11 e 12 de setembro

Publicidade
Imaxe da anterior feira de produtos tradicionais celebrada en 2019 no Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

O venres 10 de setembro comezan os actos programados dende o Concello do Barco de Valdeorras para conmemorar as festas do Cristo, entre os que está a Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico que permanecerá aberta o sábado 11 e o domingo 12, na praia fluvial barquense cun total de 25 expositores con produtos moi variados, dende queixos, marmeladas ou aceite, ata cosmética natural, artesanía galega ou mel.

 

 

A inauguración da mostra, organizada polo Concello e o Eixo Atlántico, terá lugar ás 11 horas do sábado no propio recinto feiral e estará aberta toda a fin de senana de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas.

De forma paralela á exposición e venda de produtos, na feira desenvolveranse unha serie de actividades complementarias. Unha delas é “Catas no Sil”, con viños de Valdeorras e maridaxe con produtos tradicionais do Eixo Atlántico que terá dúas sesións: o sábado, 11 de setembro ás 20 horas, a sumiller Mercedes González dirixirá a cata bautizada co suxerente nome de “Crepúsculo”; e o domingo 12 de setembro ás 12:30 horas celebrarse baixo o título “Unha ronda caprichosa”.

Para participar nas catas é precisa inscrición previa para un máximo de 20 persoas en cada sesón e o pago de 5 euros por persoa.

 

 

No marco da feira tamén haberá un obradoido de pirograbado en madeira que se levará a cabo os dous días, sábado e domingo, de 11 a 14 e de 17 a 20 horas. O obradoiro é gratuíto para público infantil e adulto e será impartido polos artesáns locais de Artesanía Enxebre. Os que queiran participar deberán informarse e inscribirse no correo infoturismo@concellodobarco.org para reservar o seu horario.

E xa nas últimas horas do domingo, de 20 a 21 horas, farase unha demostración do oficio de pirograbado en madeira para que os visitantes vexan como se realizan as pezas pirograbadas en directo, mentres visitan a feira.

 

Artigos relacionados

Back to top button