Como actividade previa ás Festas do Cristo, na fin de semana do 7 e 8 de setembro celebrarase no Barco de Valdeorras a Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico de Galicia e Norte de Portugal que tralo ano pasado que por mor da chuvia tivo que celebrarse na praza do Concello, regresa neste 2024 á Praia Fluvial do Malecón.
Así o explicaba a concelleira de Comercio e Turismo do Barco, Alba Rodríguez, na presentación realizada na mañá deste xoves 29 de agosto, adianando que este ano, a feira contará con 20 produtores gastronómicos de Galicia e Norte de Portugal que elaboran produtos de calidade e con garantía de orixe (de Vila Flor, Pontevedra, Mirandela, Bragança, Valdeorras, Manzaneda, Vilardevós, Cea, Miranda do Douro, Lugo, Viana, A Estrada, Ourense…); así como 2 artesáns galegos, ambos integrantes do colectivo Artesanía de Galicia, que realizan productos con madeira e torno de barro.
O horario será de once a dúas pola mañá e de cinco a nove pola tarde e haberá degustación e venda. A iniaguración será o sábado ás 11 horas. Ademais e coma sempre haberá actividades complementarias para todos os públicos: obradoiros, cata de produtos e moita música.
Por realizar compras na Feira de Produtos Tradicionais, os produtores darán aos seus clientes participacións para o sorteo dunha gran cesta con produtos da feira. O Sorteo terá lugar o domingo pola tarde, pouco antes do peche da feira. Este ano, como novidade, contarase cunha zona de degustación, e poderán adquirirse tapas entre os produtores da feira.
Haberá 2 talleres gratuítos de artesanía para público infantil e adulto. O sábado día 7 ás 18 horas, realizarase : “A Voltas co Barro” coa artesana ‘Ceniza de Papel’ creando unha peza de barro nun torno para un máximo de 18 prazas previa incrición (chamada ou whatsApp aos teléfonos 607 855 397-602 631 114 ou no stand de Ceniza de Papel na propia feira. O domingo día 8,ás 18 horas, “Casiñas para paxaros” cos artesáns de Artesanía Enxebre creando unha casiña de madeira para conciencias sobre a importancia dos paxaros tras os incendios. Será para un máximo de 20 prazas previa inscrición no instagram de @artesania_enxebre ou no stand de Artesanía Enxebre na propia feira.
Este ano volve tamén a Cata no Sil coa sumiller Mercedes González o domingo día 8 ás 12h. Será unha cata de viños de Valdeorras premiados en 2024, maridados con produtos gastronómicos da propia feira. Custará 5 euros e a inscricións poderá facerse no teléfono 604 076 918 ou na Oficina de Dinamización Turística do Barco.
A Feira de Produtos Tradicionais 2024 coincide no espazo da Praia fluvial esa mesma fin de semana co JamFest de AMAVA. Trátase dun festival musical organizado pola Asociación de Música Alternativa de Valdeorras en colaboración co Concello do Barco, e que contará con sesión vermú o sábado ás 12:30h. e o domingo ás 13:30h., e Noite de Rock con oito grupos locais o sábado ás 20 horas.
Haberá tamén dúas food truck situadas no entorno do río Sil para dar servizo aos visitantes do JamFest de Amava e da Feira de Productos Tradicionais.
Fotoas e vídeo: Mónica G. Bellver.