ConcellosCulturaCulturaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A Feira do Libro do Barco abre as portas cunha decena de postos e actividades para todos os públicos

 

A Feira do Libro 2022 do Barco de Valdeorras está xa en marcha. Dende as once da mañá deste sábado están instaladas no paseo do Malecón, preto do Casino, unha vintena de postos de librarías e asociacións: Libraría Praxis, IEV, Barullo, Patrulla Felina, Libraría Murciego, Periódico O Sil, Libros de Segunda man de David López, Libraría Celia, Casa Tomada, Scripbook, Pentarumbas e Nós.

Como actividade paralela, os cativos asistiron a un obradoiro de Creación de Marionetas na zona da Feira, da man de Micromina. Pola tarde haberá un contacontos de O estraño Ser, escrito por Eva Iglesias e ilustrado por Eva Piay. Trala lectura do conto haberá unha sesión de actividades coa que se crearán uns monstros moi especiais cos que se decorará o espazo da feira.

 

Obradoiro de Marionetas.

 

A feira pechará ás 20:30 horas, para volver abrir ás 11 horas de mañá, o día das presentacións e sinaturas. Ás 12:30 horas, será a presentación de Abracadabra Rubén, de Josefa Salgado Pérez; e ás 13:30 horas haberá sesión cermú co pincha discos e coleccionista de discos Jas Processor que fará fincapé na música que puido rodear ao poeta Florencio Delgado Gurriarán.

Pola tarde, ás 16:30 horas terán lugara unhas ‘Conversas Prohibidas’, intervención social e artística posta en marcha polo grupo Petarumbas no que a través dun fío temático se tentará xuntar a descoñecidos en microconversas de 5 minutos. A partir das 18 horas será o momento da presentación e sinatura de libros: Orde e Caos presentará Carta al Fantasma; Edelmiro Mateo García, O destino de Alazán; Mencía Yano, Pintando Nueva York e El amor siempre llama dos veces; Alberto Vázquez Corzo, La Ira del Cerval; Miguel Ángel Martínez Coello, A bela Otero; e Avelino Jácome, Historias do fumeiro.

Fotos: Ángeles Rodríguez/ Carlos G. Hervella.

 

 

Vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button