CulturaCulturaÚltima hora

A Feira do Libro do Barco abre as portas no Malecón co contacontos de Ana Meilán

 

A Feira do Libro do Barco está de novo en marcha. Dende as doce da mañá deste sábado 29 de abril están instaladas no paseo do Malecón, preto do Casino, unha decena de postos de librarías e asociacións con libros e artigos á venda.

Á parte da venda de libros, o programa inclúe contacontos, obradoiros e presentacións de libros con sinaturas incluídas. As primeiras actividades eran un contacontos con Ana Meilán e a presentación do libro de Carlos Fidalgo “El baile del fuego”.

 

 

Xa pola tarde, ás seis haberá presentación e sinatura do libro “Gotas de esperanza” de Fernando Hernández; ás sete Mencía Yano presentará o seu libro “Pintando Nueva York”; e a partir das oito Christian Barrio presentará e asinará o seu libro “El último guarda de la mina de Valborraz”.

A xornada do domingo encetarase con dobre sesión do obradoiro de iniciación ao lettering para nenos maiores de 8 anos (ás 11:30 e 12:30h.). O aforo é dun máximo de 10 nenos cada hora, previa inscrición na Libraría Praxis. Ás 13 horas David Vázquez presentará e asinará o seu último libro “A carón da lareira”; e pola tarde, ás cinco haberá un obradoiro de experimentos titulado “Profesor 10 de mates” e a continuación presentación e sinatura de “El libro de experimentos abracadabrantes de Hugo Comas”. Ás sete tocaralle o turno a Puri Escuredo que asinará o libro “Destino”.

Fotos: Carlos G. Hervella salvo as tres últimas da galería que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button