ConcellosO BarcoÚltima hora

A Feira do Libro do Barco celebrarase na fin de semana do 7 e 8 de maio, de novo no Malecón

Feira do Libro de 2021./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Aínda que lonxe do 23 de abril (día do libro), a Feira do Libro do Barco de Valdeorras regresa ese ano á primavera e celebrarase na fin de semana do 7 e 8 de maio, de novo no paseo do Malecón, preto do Casino, onde se instalarán as casetas das librarías e asociacións participantes, en horario de 11 a 20:30 horas.

Con respecto ás actividades paralelas, o sábado 7 de maio ás 11:30 horas haberá un obradoiro de Creación de Marionetas na zona da Feira, da man de Micromina. Será con inscrición previa, e o prazo estará aberto ata o venres 6. A entrega de inscricións será na Biblioteca P.M. Florencio Delgado Gurriarán para maiores de 6 anos, ou menores acompañados de adulto.

 

 

Tamén o sábado pola tarde, ás 17:30 horas haberá un contacontos de O estraño Ser, escrito por Eva Iglesias e ilustrado por Eva Piay. Trala lectura do conto haberá unha sesión de actividades coa que se crearán uns monstros moi especiais cos que se decorará o espazo da feira.

E xa para o domingo, 8 de maio, será o día das presentacións e sinaturas. Ás 12:30 horas, presentación de Abracadabra Rubén, de Josefa Salgado Pérez; e ás 13:30 horas haberá sesión cermú co pincha discos e coleccionista de discos Jas Processor que fará fincapé na música que puido rodear ao poeta Florencio Delgado Gurriarán.

Pola tarde, ás 16:30 horas terán lugara unhas ‘Conversas Prohibidas’, intervención social e artística posta en marcha polo grupo Petarumbas no que a través dun fío temático se tentará xuntar a descoñecidos en microconversas de 5 minutos. A partir das 18 horas será o momento da presentación e sinatura de libros: Orde e Caos presentará Carta al Fantasma; Edelmiro Mateo García, O destino de Alazán; Mencía Yano, Pintando Nueva York e El amor siempre llama dos veces; Alberto Vázquez Corzo, La Ira del Cerval; Miguel Ángel Martínez Coello, A bela Otero; e Avelino Jácome, Historias do fumeiro.

Artigos relacionados

Back to top button