EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Feira do Viño do Ribeiro busca cartel para a súa 56ª edición

Vén de convocarse un concurso, aberto á presentación de traballos ata o 14 de febreiro, no que o ganador será premiado con 1.000 euros
Imaxe dunha edición anterior da Feira do Viño do Ribeiro, en Ribadavia./ Foto: Carlos G. Hervella.

A organización da Feira do Viño do Ribeiro (formada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e polo Concello de Ribadavia) vén de convocar o concurso de carteis para seleccionar a imaxe que vai representar a 56ª Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrará do 3 ao 5 de maio. A proposta que resulte gañadora do concurso será premiada con 1.000 euros.

Búscase que o cartel faga alusión á D.O. Ribeiro e ao seu #MovimientoRibeiro, “termo que alude á renovación, ao rexurdir e á reinterpretación da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia. Tendo en conta que é unha D.O. con viños de calidade, de paisaxe e territorio”, segundo a organización. No certame poderán participar profesionais de calquera nacionalidade, podendo presentar cada un deles unha única obra que terá que ser inédita.

A data de recepción dos proxectos estenderase ata o 14 de febreiro de 2019. A selección do gañador do concurso farase na semana do18 ao 22 de febreiro cun xurado experto, formado por profesionais do deseño e artes, momento no que se fará pública a imaxe e o seu creador.

Máis información e bases:
https://www.ribeiro.wine/wp-content/uploads/2019/01/Bases-concurso-carteis-56-FVR-GAL.pdf

Artigos relacionados

Back to top button