EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Feira do Viño do Ribeiro presenta o seu cartel máis emotivo

Francisco Sánchez adaptou o primeiro cartel da mostra para esta edición tan especial, na que cumpre 60 anos

 

A organización da Feira do Viño do Ribeiro vén de presentar o cartel da edición número 60ª desta mostra vitivinícola, que terá como data de celebración do evento os días 28, 29 e 30 de abril de 2023, no recinto da Alameda de Ribadavia. Por mor da celebración do sesenta edición, a organización tivo a ben facer unha mención á edición inaugural a través dunha adaptación do cartel da primeira edición, do ano 1964.

O cartel está redeseñado por Francisco J. Sánchez Moreno, profesional do deseño gráfico que leva toda unha vida traballando dende Ribadavia e que está moi vencellado e involucrado coa Feira do Viño do Ribeiro dende hai moitos anos.

En referencia á “actualización” do cartel, o seu autor comenta que “tratou de manter a esencia do cartel orixinal conservando a estrutura e renovando certos detalles pero sen alterar o deseño, mantendo a estética da época”.

Na presentación do cartel participaban a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez Travieso, e o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Juan M. Casares Gándara. Nos vindeiros días a organización dará A Fea coñecer a programación de actividades e o listado de adegas e colleiteiros participantes.

Artigos relacionados

Back to top button