ConcellosQuirogaÚltima hora

A Fervenza da Pedriña, escenario do novo campo de traballo en Quiroga

Fervenza da Pedriña./ Foto: Concello de Quiroga.

 

Quiroga contará este ano novamente cun campo de traballo. A Xunta de Galicia ten aberto o prazo para que os mozos se podan inscribir nos campos de traballo entre os que se atopa o de Quiroga. Neste novo campo, que se desenvolvería entre o 28 de agosto e o 8 de setembro, traballarase na Fervenza da Pedriña (río Quiroga), moi preto da fervenza do Pombar, na que un campo de traballo actuou no verán do 2019 acondicionando o seu acceso. As actuacións previstas nesta ocasión terán que ver tamén co acondicionamento do acceso a esta fervenza, na que ademais se limpará o entorno para crear unha área recreativa.

No campo de traballo de Quiroga a Consellería de Política Social a través de Xuventude e Voluntariado oferta 15 prazas para mozos e mozas de entre 18 e 30 anos. Despois de dous anos, condicionado pola pandemia sanitaria, nesta nova convocatoria o campo ábrese tamén á xuventude estranxeira.

O concelleiro de Xuventude, Luis Manuel Arias, encomiou o traballo realizado a través dos campos de traballo que contribúen a poñer en valor zonas de gran importancia arquitectónica, histórica ou turística que se atopaban perdidas. Luis Manuel Arias anunciou tamén que o seu departamento traballa na creación dunha Ruta das Fervenzas, nas que se incluiría a da Pedriña.

Artigos relacionados

Back to top button