Máis de mil persoas se daban cita na carpa oficial da Festa da Carne de Montederramo que no mediodía do domingo 12 de outubro celebraba a XXI edición, “ademais houbo xente nos restaurantes do pobo e pola zona” engade o alcalde Antonio Rodríguez. El mesmo indica que se degustaron uns 800 kg. de carne de tenreira “en empanada, ao caldeiro e richada” puntualiza, como base do menú que tamén incluíu viño da D.O. Ribeira Sacra, bica da zona e licor de café. Todo por 15 euros que custaba a entrada.
O xantar, en pleno día da Hispanidade e da Virxe do Pilar, estivo amenizado musicalmente por un par de charangas e un grupo de gaitas. “O día tamén axudou, porque aínda que parecía que quería chover ao final o tempo acompañou” conclúe o rexidor.
Con este evento, Montederramo trata de exaltar a carne que se produce na zona, especialmente a Tenreira Galega, onde hai explotacións con máis de 500 cabezas de gando.
O día da festa, tamén se celebraba a feira do mes na localidade ourensá, non numerosos postos de artesanía, gastronomía, etnografía e produtos textis.
Fotos: Carlos G. Hervella.