En portadaVídeos

A Festa da Freba volve triunfar en Petín con máis de 500 personas nesta 23ª edición

 

Nunca falla. A Festa da Freba de Petín, unha cita de referencia no calendario festivo gastronómico da tempada de inverno na comarca de Valdeorras, volvía trinfafr nesta XXIII edición reunindo neste sábado 7 de decembro a máis de 500 persoas no pavillón do Teleclub. Entre os asistentes, moita mocidade e grupos de amigos como “A Troula da Rúa”.

 

 

O xantar, un ano máis preparado e servido por Mantesil, incluía coma sempre un completo menú a base de cosomé con picatostes, chourizo cocido con cachelos e verdura, freba á grella, ucheira, viño, café e licores.

Antes tiña lugar a homenaxe a farmaceutica de Petín María Lourdes Rodríguez Pérez e remataba cunha animada festa ao ritmo da Disco Show Danzalia ata ben entrada a tarde.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Máis información e fotos:

María Lourdes Rodríguez Pérez, a farmacéutica de Petín, homenaxeda na XXIII Festa da Freba

Artigos relacionados

Back to top button