ConcellosPetínÚltima horaVídeos

María Lourdes Rodríguez Pérez, a farmacéutica de Petín, homenaxeda na XXIII Festa da Freba

 

Non naceu en Petín pero aí fundou o seu negocio, a farmacia que hoxe manteñen os seus fillos, sendo considerada unha petinesa máis. “Quen non dixo algunha vez Doña Lourdes, que podo tomar? Seguro que moitos daquí e tamén da Rúa e pobos do redor”, aseguraba a alcaldesa, Raquel Bautista, diante dos asistentes á XXIII Festa da Freba.

 

 

Intres antes de comezar o xantar, no mediodía deste sábado 7 de decembro, María Lourdes Rodríguez Pérez recibía o recoñecemento do Concello de Petín polo “seu traballo e adicación á fronte da nosa farmacia, sendo un exemplo, tanto no profesional como no humano estando sempre ao servizo do pobo”. Esta é a mensaxe que figura na placa que a propia alcaldesa Raquel Bautista lle entregaba xunto a un ramo de flores a unha emocionadísima e sorprendida Lourdes que asitía acompañada polos seus fillos e outros familiares.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Máis información e fotos:

A Festa da Freba volve triunfar en Petín con máis de 500 personas nesta 23ª edición

Artigos relacionados

Back to top button