ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

A Festa do Botelo do Barco celebra con éxito a súa primeira edición en Madrid

 

Tal como estaba previsto, a Sala Emilia Pardo Bazán da Casa de Galicia acollía no mediodía do sábado 9 de marzo a I Festa do Botelo do Barco en Madrid. Unha cita coa gastronomía barquense na capital que se desenvolvía con éxito e amenizada pola música dos gaiteiros.

 

 

O menú degustado estaba composto de sopa de botelo, botelo con chourizos, grelos, garabanzos e cachelos. Viños e licores da D.O. Valdeorras e, de sobremesa, filloas con mel e leite frito. E entre os asistentes, o alcalde do Barco Alfredo García e a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta coas súas respectivas parellas, ademais de moita xente de Valdeorras como Xosé Manuel Merelles, Blas Eceiza, Diana Ramos, José Ángel Rodríguez ou o xornalista Carlos Santos que vive en Madrid, entre outros.

 

 

Con este xantar en Madrid a Festa do Botelo do Barco baixa o pano ata o vindeiro ano, logo de celebrarse en casa, na Coruña e tamén en Vigo.

 

 

Fotos e vídeo cedidos

Artigos relacionados

Back to top button