ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

A Festa do Casco Vello do Barco arranca coa apertura de casetas e o pregón de Aurelio Blanco Trincado

 

Dende hoxe e ata o domingo pola tarde, o Casco Vello do Barco vivirá a IV edición da súa festa. Unha celebración de barrio que vén cargada de boa música en directo, enogastronomía, maxia e moito máis.

O pistoletazo e saída a tres intensos días de troula tiña lugar na tarde deste venres 10 de xuño, coa apertura das casetas (dos bares que propoven a iniciativa máis o da organización como tal e un de crepes) nas que beber e degustar suculentos pinchos. E xa en torno ás dez da noite comezaba o pregón a cargo de Aurelio Blanco Trincado, presidente do IEV e veciño do casco vello, que fixo un repaso polos seus recordos da zona, concretamente da praza Maior, así como da xente coa que compartiu vivencias. Foi un pregón breve, un pouco deslucido polo exceso de ruído ambiente, non exento de anécdotas, curiosidade e algunha que outra reivindicación.

 

O pregoeiro da IV Festa do Casco Vello do Barco, Aurelio Blanco Trincado.

 

A xornada festiva continuaba coa actuación do grupo Maskarpone e xa de madrugada, tomarán o relevo no escenario Los Rastreros.

Máis información sobre o programa, no seguinte enlace: https://osil.info/tres-dias-de-musica-gastronomia-e-moito-mais-na-iv-festa-do-casco-vello-do-barco/

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button