OurenseÚltima hora

A Festa dos Maios enche de cor e xente a rúa do Paseo de Ourense

 

O concurso de maios e coplas convocado polo Concello de Ourense pola Festa dos Maios 2023 xa ten gañadores. O xurado, logo de avaliar os traballos realizados polos diferentes participantes (41 maios en total) e escoitar as coplas, acordou conceder os seguintes premios:

Premios Maios artísticos:

1º Premio 900€. Peto das ánimas da Arnoia. Os Lolailos
2º Premio 700€ Sementando patacas. Óscar López González
3º Premio 500€ Gaiteir@s de Velle

Premios Maios tradicionais:

1º Premio 600€ Maio Ínfimo. Silvia Pinha
2º premio 4000€ IES 12 de Outubro
3º Premio 300€ A.C. Auriense

Premios maios infantís:

1º Premio 300€ Maio Bubuxas. Silvia Pinha
2º Premio 200€ O Maio da Ponte. ANPA da Ponte
3º Premio 100€ Maio da Galleira crianzas. Alba Quevedo

Premio mellores coplas (300€): Maio sempre maio. Bernardo J. Marques

Premio mellores coplas infantís (300€): O maio dos cantapoliños (A. C. Nova fronteira)

Ademais, o Concello concederalle unha axuda pola participación de 300€ a todos os Maios presentados.

 

 

O xurado deste ano estivo formado por Susana Gómez Valencia, Manuel Brañas Méndez, Laura Pacios Camba e Mónica Fernández Valencia, representante do Concello con voz e sen voto, como secretaria, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome como presidente.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button