CulturaCulturaÚltima hora

A “Festa dos monicreques” pecha o programa Ler Conta Moito na Biblioteca do Barco

 

Cos títeres de Larraitz Urruzola Producións Artísticas, a Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco de Valdeorras pechaba, na mañá deste xoves 15 de xullo, as actividades deste ano do programa Ler Conta Moito.

A primeira actividade do programa na biblioteca, A verdadeira historia de Hamelin de Moc Moc celebrábase no mes de abril; a segunda, espectáculo Historias fabulosas, dos magos e outras cousas: maxia, hai apenas unha semana; e hoxe tocáballe o turno á Festa dos monicreques, que se celebraba no Teatro Lauro Olmo por cuestións de aforo.

Ao longo de case unha hora, os preto de 50 cativos asistentes (todos do campamento urbano do Barco), entretivéronse e riron coas historias contadas por Larraitz ao tempo que explicaba como transformar un anaco de tea ou o un nobelo nun boneco do máis simpático. “Moitas das formas titiriteiras beben da cultura popular”, asegura Larraitz, compartindo cos pequenos todo ese coñecemento.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button