Castro Caldelas é outro dos concellos ourensás que está de festa. De feito, no mediodía do 8 de setembro a imaxe da Virxe dos Remedios percorría como cada ano as rúas da localidade bordeando o castelo, acompañada polo son das gaitas e da banda de música de Vilanova dos Infantes, así como dos cabezudos. Coma sempre, a figura enmascarada do Irrio Peliqueiro era a encargada de poñer orde.
Neste domingo os actos festivos comezaban cun pasarrúas a cargo da banda de música, dos Airiños de Caldelas e da Banda de Gaitas Os Trabazos. Logo viña a procesión e a misa, e pola tarde a festa continúa coa orquestra Os Satélites que actuarán en sesión de tarde e verbena.
As festas rematan mañá, luns 9 de setembro. Pola mañá haberá pasarrrúas e concerto da charanga Nova Terras de Trives; actividades para a promoción da igualdade (11h.); e de novo procsión e misa (12:30h.). E xa pola tarde, un espectáculo infantil (18:30h.); e baile e verbena coa orquestra Garibaldi, que incluirá un concurso de disfraces, cun premio único de 200 euros para o mellor disfraz/ comparsa.
Fotos: Carlos G. Hervella.