Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A firma ourensá Adolfo Domínguez propón a reconciliación da moda coa natureza

A campaña "Vístete de bosque" presenta un conxunto de prendas elaboradas cunha fibra que se obtén da madeira de bosques sostibles, sendo respectuosa coa pel e co planeta

 

Adolfo Domínguez non deixa de sorprender. E desta volta faino lanzando unha campaña centrada no deseño de pezas creadas con TENCEL™ Lyocell, unha fibra que se obtén da madeira de bosques xestionados de forma sostible, e é respectuosa coa pel e co planeta.

“A industria da moda é a segunda actividade máis contaminante do mundo. En España, o sector téxtil xera máis de 900.000 toneladas de residuos e só recupérase o 10% destes residuos, o resto incinérase provocando a emisión de gases contaminantes”, aseguran dende a firma de moda oruensá que ante esta situación, lanza a súa proposta “Vistete de bosque” para reivindicar unha volta ás orixes e propón unha reconciliación coa natureza apostando polo uso de TENCEL™ como fibra de futuro.

 

 

“Vestila é todo un manifesto”, subliña a campaña de Adolfo Domínguez que resalta o valor dunha fibra de orixe natural que non se basea nun cultivo intensivo, como o é o do algodón -unha práctica agrícola que só ocupa o 2,4% da superficie cultivable mundial, pero consome o 16% dos insecticidas- nin ten o enorme impacto ambiental do poliéster, que require grandes cantidades de petróleo para a súa fabricación e desprende microplásticos que acaban no mar.

A firma galega aposta por un modelo de consumo máis respectuoso co medio ambiente. Con campañas como “Se Más Viejo”, “Piensa-Luego Compra” ou “Repite Más-Necesita Menos”, Adolfo Domínguez convida á sociedade a reflexionar sobre o uso que lle damos á roupa. “A marca conta desde 2010 cun manifesto polo Benestar Animal e hai unha década que non utiliza peles nas súas pezas. Ademais, desde 2012 conta cunha liña de bolsos veganos, que están entre os máis vendidos pola marca”, aseguran dende a empresa con sede en Ourense.

 

 

Coa incorporación de Tiziana Domínguez como directora creativa en 2019, a compañía retorna ás súas raíces artísticas e tras anos de ausencia, regresa ás pasarelas cunha proposta renovada: modelos non profesionais e desfiles deslocalizados. “Recupérase así mesmo a produción local a través de coleccións limitadas nas que se experimenta co deseño de vangarda, e trabállase intensamente para ir incluíndo nas coleccións tecidos máis sostibles e cada vez en maior medida”. Agora, coa campaña “Vístete de bosque” quere dar un novo paso para dar resposta a un consumidor que é cada vez máis consciente e esixe ás marcas que o seu compromiso coa sustentabilidade sexa real. “Neste sentido, a trazabilidade da fibra TENCEL™ garante ao consumidor final que a orixe do material empregado nas pezas é respectuoso co medio ambiente”, aseguran.

 

 

Unha fibra que coida ao medio ambiente e á pel

Ademais de ser biodegradables e compostables en condicións industriais, domésticas, do chan e mariñas, polo que pode volver completamente á natureza sen danar ao medio ambiente, as fibras TENCEL™ “son moi versátiles e distínguense pola súa maior resistencia entre as fibras de celulosa. As teas confeccionadas con estas fibras manteñen a intensidade das cores cos lavados, dan unha sensación de suavidade ao tacto e aseguran a comodidade para a pel sensible favorecendo a regulación térmica natural do corpo”, destacan dende a marca de moda.

Derivadas de material natural, as fibrillas microscópicas da fibra están estruturadas para regular a liberación de humidade, o que contribúe á transpirabilidad do tecido, logrando unha maior absorción que o algodón. “Outras vantaxes son que se mestura moi ben con outros materiais, non encollen e proporciona unha caída suave”.

 

Artigos relacionados

Back to top button