Como manda a tradición, saltando a fogueira e ao ritmo da música. Así remataban este venres 24 de xuño a Noite de San Xoán na Rúa Vella.

Organizado pola Asociación Sabugueiro, a celebración comezaba ao poñerse o sol coa paellada popular no campo de San Roque e despois, Disco Show Danzalia poñía ritmo á noite mentres os asistentes comezaban a achegarse á fogueira e os máis atrevidos saltaban sobre as chamas.

Fotos cedidas.



