ConcellosÚltima horaVídeos

A frota de satélites “Starlink” cruzando o ceo valdeorrés

Publicidade

 

De forma ordenada, aliñadas e gardando practicamente a mesma distancia cruzaban o ceo valdeorrés unha serie de luces na pasada noite. Moitas persoas observaban sorprendidas a escena e algunhas tomaban imaxes e mesmo vídeos desta curiosa escena, como é o caso deste, gravado dende O Barco, e cuxa cesión ao Periódico O Sil agradecemos dende estas liñas.

Eran os satélites Starlink da empresa Space X, do multimillonario Elon Musk. Trátase dunha frota de satélites que orbitan a terra para dotar de internet a alta velocidade a zonas rurais de países do terceiro mundo a un custo baixo. Este proxecto botaba a andar no 2015.

Esta singular imaxe puido verse dende diferentes puntos de España.

Imaxes cedidas por Carmen Valcán.

 

Artigos relacionados

Back to top button