OurenseÚltima hora

A Fundación Otero Pedrayo celebra o segundo “Roteiro Nós” en Ourense

Terá lugar o vindeiro venres, 24 de xullo, polos lugares simbólicos da cidade en relación á vida desta xeración

Publicidade

A Fundación Otero Pedrayo organiza este venres, día 24 de xullo, en Ourense, o segundo “Roteiro Nós” en homenaxe á xeración de Otero, Risco e Cuevillas e Castelao, suspendido no seu día por mor do Covid-19.

O percorrido, que durará aproximadamente unha hora, comezará ás dez da noite na estatua do Carrabouxo no Parque de San Lázaro; percorrerá lugares simbólicos da cidade en relación á vida e obra de Otero, Cuevillas e Risco, e finalizará no Paraninfo do IES Otero Pedrayo.

 

Cartel da actividade.

 

Catro actores e actrices de Platea Lúa nos papeis de Otero, Risco, Cuevillas e dona Eladia, a nai de Otero, darán vida a experiencia. A participación estará limitada a 35 persoas, que deberán ir provistas de máscaras, e haberá que chamar ao teléfono 988 28 11 39 para apuntarse antes do mediodía do propio sábado 24.

Artigos relacionados

Back to top button