Juan Paradelo Pérez, modelo coruñés con orixes no Barco de Valdeorras de onde é seu pai, é o representante da Coruña no certame Míster Internacional España 2021.
Non se trata dun certame de beleza ao uso no que elixen ao máis guapo, senón que consta dunha serie de probas e ao final ganará aquel que sexa máis completo no conxunto de todas elas. Hai unha de talento, un desfile, unha posta de traxe rexional, unha proba de redes sociais, outra na que se valora o físico e unha proba enfocada ao deporte. “Intentarei dalo todo, para que sexa unha boa experiencia na que probarme a min mesmo para ver ata onde podo chegar”, asegura Juan que competirá con outros 51 modelos de toda España.
O nome do gañador darase a coñecer en directo dende o Teatro Guimerá de Santa Cruz de Tenerife, na gala que se celebrará o vindeiro xoves 23 de setembro, pero os internautas poderán votar polo seu candidato favorito e axudalo a converterse en semifinalista directo.
Máis informacón sobre Juan Paradelo, no seguinte enlace: https://osil.info/juan-paradelo-modelo-con-orixes-no-barco-participara-no-certame-de-mister-internacional-espana-2021/