A RúaConcellosÚltima hora

A Garda Civil da Rúa celebra a festa da Virxe do Pilar na igrexa de Fontei

 

Fieis á tradición, os membros da Garda Civil da Rúa celebraban na mañá deste xoves 12 de outubro, a festa da Virxe do Pilar, a súa patroa. Pasadas 12 horas (unha antes do que viña sendo habitual) e trala foto de rigor no adro, tiña lugar a misa na igrexa da Nosa Señora de Fátima en Fontei, cantada polo coro e oficiada polo párroco Lisardo Paradelo.

 

 

Á parte dos gardas, a esta celebración relixiosa acudían tamén representantes municipais rueses (entre eles membros do equipo de Goberno e tamén da oposición), así como a alcaldesa de Petín e representantes municipais do Bolo e Vilamartín de Valdeorras, ademais de veciños da Rúa e de concellos limítrofes.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button