A RúaConcellosÚltima hora

A Garda Civil da Rúa desarticula unha banda á que se lle atribúen máis de 20 roubos

Desde a Comandancia solicítase que calquera afectado por roubos que recoñeza na imaxe algún efecto, contacte coa Garda Civil

Material recuperado.

 

A Garda Civil da Rúa vén de desarticular un grupo de 5 homes veciños da localidade. Detén a dous deles e imputa a outros tres como “presuntos autores de delito de roubo con forza nas cousas”. Tal como explican dende as Corpo, dentro da operación “Bartar” incautaron diverso material ao rexistrar a vivenda dun dos detidos.

Tal como especifican dende Comandandcia, os roubos (máis de 20) produxéronse en vehículos, inmobles de construción, locais de restauración e ferreterías, solicitando que se alguén, afectado por roubos, recoñece algún efecto dos que aparecen na imaxe contacte coa Garda Civil.

 

Artigos relacionados

Back to top button