OurenseÚltima hora

A Garda Civil de Ourense celebra o día da súa patroa

 

No mediodía deste 12 de outubro, a Garda Civil de Ourense celebraba os actos de conmemoración da patroa da súa patroa, a Virxe do Pilar, que tiveron lugar na Catedral de San Martiño de Ourense e no cuartel de Santa Mariña. Durante o acto fíxose entrega de 28 condecoracións, 25 delas a membros da Garda Civil e 3 a persoas cunha especial vinculación co Corpo.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, eloxiou durante o acto institucional, no que participaron diversas autoridades, o labor solidario e humanitario realizado polos axentes do Corpo na provincia. “As forzas da Garda Civil son o pilar máis forte da nosa seguridade cidadá, no medio rural e semiurbano da nosa provincia, e na coordinación e colaboración coas outras forzas de seguridade, fan que Ourense sexa unha das provincias con menor índice de criminalidade e unha das máis seguras de España” , expresou.

Na súa intervención, Emilio González destacou que o traballo que desenvolven diariamente os membros da Garda Civil en Ourense que se sitúan á vangarda e eloxiou a labor de unidade de recentes creación, como o equipo arroba@. Unidades que veñen a sumarse ás xa existentes na nosa Comandancia e fan posible o esclarecemento de novos delitos de internet, así como a prevención e coñecemento dos mesmos permitindo que hoxe Ourense sexa a provincia na que se esclarecen o maior número de ciberdelitos”.

Ademais puxo en valor a traballo realizado polos axentes da Comandancia de Ourense durante a pandemia, a crise alimentaria provocada pola guerra de Ucraína e que seguen realizando día a día destacando actuacións especiais do 2023, como a colaboración co Colexio de Farmacéuticos para desenvolver plans en que os medicamentos cheguen de modo máis axeitado e preciso ás persoas máis vulnerables á vez que se mellora a atención dos nosos maiores, “tan necesario nunha provincia como a nosa cunha das taxas de avellentamento máis altas de Europa”; ou o servizo realizado polo subsector de tráfico que cada ano se implica, entre outras moitas accións, coa seguridade de probas deportivas de carácter nacional como La Vuelta ciclista e que este ano salvaron a vida dun cidadán no Angliru.

Neste sentido, engadiu que a Garda Civil é un corpo de seguridade clave para proporcionar a mellor das respostas ás ameazas e aos desafíos actuais. “Os homes e mulleres que formades parte da Garda Civil sodes actores de primeiro orde no Modelo de Seguridade 2030 que o Goberno de España prantexa e que parte de entender que a seguridade é un ben público”, sinalou.

Finalmente, Emilio González concluíu a súa intervención reiterando o agradecemento ás mulleres e homes que forman parte de Garda Civil polo seu compromiso diario co servizo público e animounos “a seguir traballando con transparencia e proximidade á cidadanía”.

Artigos relacionados

Back to top button