Última hora

A Garda Civil de Ourense incautase de 20 kg de marihuana ocultos en bolsas nunha furgoneta

O condutor do vehículo foi detido como presunto autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas

 

A Garda Civil de Ourense detiña a un veciño de Ourense como presunto autor dun delito contra a saúde pública, de tráfico de drogas. Os feitos producíanse o 8 de decembro sobre ás 21h., cando unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Ourense realizaba un control de alcoholemia na estrada OU-0526, que une as localidades de Ourense e Amoeiro.

Mentres se lle facía o control ao condutor dunha furgoneta de 50 anos de idade, veciño de Ourense, os axentes notaban “un forte cheiro que saía do interior do vehículo, polo que procederon a inspeccionar a carga transportada, momento no que observaron tres bolsas de lixo que contiñan uns 20 quilogramos de plantas de marihuana”, tal e como informa a Garda Civil de Ourense.

Por tal motivo, procedeuse á súa detención como presunto autor dun delito contra a saúde pública, tráfico de drogas e á incautación das plantas.

Artigos relacionados

Back to top button