Na xornada de onte, 25 de outubro, a Garda ivil do Barco de Valdeorras detiña a dous homes de 31 e 41 anos, de orixe rumana e veciños de Ourense, como presuntos autores dun delito de roubo con forza, ao ser sorprendidos no interior do punto limpo de Viloria, no concello barquense ao cal accedían tras romper un candado.
O caso foi trasladado ao Xulgado número 1 do Barco.