ConcellosO BarcoÚltima hora

A Garda Civil investiga a un veciño do Barco por desobediencia grave e conducción temeraria

 

 

A Garda Civil do Barco de Valdeorras vén de tomar declaración en calidade de “investigado” a un veciño do Barco de 31 anos como presunto autor dos delitos “contra a seguridade viaria, desobediencia grave e conducción temeraria”.

Segundo informan dende a Garda Civil, tras facer caso omiso aos axentes cando intentaban proceder á súa identificación en pleno casco urbano barquense, o suxeito iniciaba conducción “manifiestamente temeraria”.

Ao investigado figúralle o permiso de conducción retirado por mandamento xudicial pasando o seu caso a disposición do Xulgado Nº 1 do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button