ConcellosÚltima hora

A Garda Civil reparte mascarillas no Barco nesta xornada de volta ao traballo

Entre os concellos da provincia de Ourense nos que se procedía ao reparto de mascarillas entre os traballadores que se reincorporaban neste luns 13 de abril á actividade laboral estaba O Barco. Nesta localidade a distribución realizábaa a Garda Civil na estación de ferrocarril da vila.

Está previsto que o reparto continúe tamén mañá martes, segundo informan dende a Subdelegación do Goberno en Ourense.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button