CulturaCulturaÚltima hora

A herdanza ancestral do Entroido de Xinzo, na curta “O Legado”

Este proxecto, promovido pola Asociación A Pantalla coa colaboración do Concello de Xinzo, estrearase na tarde do 13 de abril na Praza Maior

 

Tradición, respecto e sentimento. Con estes termos a Asociación Cultural A Pantalla define o Entroido de Xinzo, un “emblema do que todo un pobo sente orgullo”. Nel e súa figura de referencia, a Pantalla, céntrase a curtametraxe “O Legado”, cuxa estrea está prevista o vindeiro 13 de abril ás 21h. na praza Maior de Xinzo de Limia.

Este proxecto audiovisual ten a súa xénese nun guión escrito na década dos 90 por Suso Laxe, que foi integrante e directivo da Asociacióin A Pantalla, e que foi retomado pola directiva actual da entidade. “Reelaboramos este guión, intentando facelo un pouco máis contemporáneo, máis moderno, e saíunos un traballo que nos gustou a todos e propuxémonos levalo adiante en formato audiovisual, contactamos con La Sombra Studios, que é unha produtora viguesa, e decidimos levalo a cabo”, explica Iván Prado, tamén directivo de A Pantalla, que se encargou da adaptación dese texto inicial.

O obxectivo de “O Legado”, traballo producido por La Sombra Studios, é dar a coñecer a tradición da Pantalla e de como se transmite de xeración en xeración.”Realmente a historia da curta conta esa herdanza, ese sentimento e respecto que temos ao traxe da Pantalla, herdado de pais a fillos ou de netos a avós, un legado interxeracional”, destaca Prado.

Esta curtametraxe de ficción rodábase integramente en Xinzo de Limia, concretamente no Barrio de Abaixo, e no seu elenco cóntase coa participación e actores coñecidos como é Antonio Durán “Morris”.

A súa estrea, prevista para o próximo mércores, será dobremente especial para os limiaos, xa que coincidindo coa proxección está previsto que a Charanga XL, tamén de Xinzo, ofreza a súa derradeira actuación. Despedirase do público despois de anos de música e de representar a Xinzo por máis de 200 lugares de Galicia, Portugal ou Asturias, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button