Un ano máis a chuvia amenazaba con deslucir o desfile do Martes de Entroido na Veiga, pero finalmente contíñase e na mañá deste 4 de marzo os participantes (dez comparsas e folións) percorresen a vila nunha animada comitiva que saía da zona escolar e remataba no centro do pobo co apoteósico final por parte do Fulión da Veiga.
O primeiro en tocar era o Fulión As Tablillas (Valdín-Porto) e despois continuaban os de Fornelos de Filloás e Ramilo e Penouta e Buxán, sendo o anfitrión, o Fulión da Veiga, o encargado de pechar o desfile, acompañado polos Charrelos e os Bois. E entre medias, unha comparsa (A Tribu de Corexido) e catro carrozas (A Despedida, A Volta ao Cole, Caperucita Fest e Os Gnomos do Xardín da Residencia).
O broche á xornada poñíao a Festa da Soá que reunía a centos de persoas no pavillón, pero o Entroido non rematará na Veiga ata o vindeiro sábado co encontro de folións a partir das catro da tarde.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.