CulturaCulturaÚltima hora

A historia do derradeiro garda da mina de volframio de Valborraz (Casaio), na Coruña

O valdeorrés Christian Barrio presentaba o seu primeiro libro no que conta a historia do seu avó José

 

A sede da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda na Coruña acollía esta tarde a presentación do libro El último guarda de la mina de Valborraz, escrito polo historiador e xornalista valdeorrés Christian Barrio. Numerosas persoas asistían a este acto, que estaba presentado por Emilio Vega, representante do colectivo Valdeorras Infinda e que comezaba coa proxección do documental Lobos Sucios, do director rues Felipe R. Lameiro.

Durante a presentación Barrio explicaba como era a vida nas minas de volframio de Valborraz (Casaio, Carballeda de Valdeorras) a partir da experiencia do seu avó, José Barrio, protagonista do libro e que foi o derradeiro garda desta explotación.

 

 

Christian Barrio (O Barco de Valdeorras, 1997) estudou xornalismo en Madrid, e posteriormente fixo unha mestría en periodismo internacional por la URJC  e de Historia contemporánea na Universidade de Cantabria.

Esta actividade ten sido promovida polo colectivo Valdeorras Infinda e pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

Fotos: Manuel Agra.

Artigos relacionados

Back to top button