CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Os cadros de José Manuel Álvarez Domínguez, no libro ‘El Ourense Oriental’

Esta tarde inaugúrase unha exposición no Centro Cultural Avenida que poderá visitarse ata o 8 de decembro

 

A obra do artista rues José Manuel Álvarez Domínguez non pasa desapercibida. As súas pinturas, normalmente de grandes dimensións, son coloristas e imaxinativas, de construcción minuciosa, de pincelada firme e meditada, cun selo persoal facilmente recoñecible.

 

 

De formación autodidacta, Álvarez Domínguez leva pintando toda a vida e a finais de 2021 recollía nunha publicación parte desa obra. Tal como el mesmo explica, Las modelos y el Arte é unha selección de obras de arte por orde cronolóxico e algo aleatoria á que quixo darlle o aspecto de guión “coma se dun filme ou novela se tratara”, acompañando ás pinturas con prosas e versos.

 

 

Tres anos despois e dada a extensión do seu traballo artístico, volvía recompilar parte dos seus cadros nunha nova publicación, El Ourense Oriental, que presentaba na tarde do venres 15 de novembro na Biblioteca Municipal da Rúa.

Diante do seu público e acompañado pola xornalista e veciña da Rúa Cristina de la Torre; e polo presidente do IEV, Aurelio Blanco Trincado, o artista daba a coñecer esta publicación, impresa por Peymar artes gráficas e coa colaboración en fotografía de Nuria Estévez, Noé Blanco Carracedo e Jacobo Remuñán e Carlos G. Hervella, que recolle pinturas en torno á parte oriental da provincia de Ourense, a modo de meditación en torno a unhas paisaxes. Dende obras de natureza selvática, ás veces case abstracta, a outras de gran realismo e representativas do lugar como Arnado, Portomourisco, o Pazo de los Mancebos ou Petín, que acompaña ás veces con breves composicións poéticas e ensaísticas.

 

 

Sobre o autor, Blanco Trincado asegura que “Lito séguese mergullando no mundo dos soños coa súa consumada técnica, que non mermou ao longo da súa longa carreira, en cada nova peza, colorista e imaxinativa, de contrución minuciosa e pincelada firme e valente ao tempo que meditada, dándolle ás súas obras o seu selo persoal que o fai inconfundible”.

Calificado polo propio Aurelio Blanco como “un dos grandes pintores que deu Galicia ao mundo”, Álvarez Domínguez “Lito”, remataba a presentación asinando libros entre asistentes.

 

 

A exposición de parte da obra deste artista rues inaugúrase na tarde deste sábado 16 de novembro no Centro Cultural Avenida onde poderá visitarse ata o o 8 de decembro.

Fotos e vídeo: O SIL.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button