EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A hostalaría ruesa regresa á actividade fóra e dentro dos locais

Coa entrada na Fase 2 da desescalada, os establecementos poden atender tamén nas mesas do interior

Publicidade

 

Coa entrada na Fase 1 da desescalada, os establecementos hostaleiros recuparaban parte da súa actividade, abrindo as terrazas. E hoxe, dúas semanas despois e coa entrada na Fase 2, a actividade exténdese ao interior dos establecementos.

Na mañá deste luns 25 de maio, un día soleado e caluroso baixo a influenza dun potente anticiclón, os bares e restaurantes da Rúa abrían as portas dos locais, animados e expectanes, baixo unhas fortes medidas de hixiene e carteis informativos sobre as nornas de seguridade amarcadas por Sanindade. Á parte da distancia de seguridade, os locais dispoñen á entrada de produtos desinfectantes a disposición dos clientes, ademais de limpar e desinfectar constantemente o local e todo o mobiliariario. “Que a xente non teña medo”, pide Javier Ferrer, responsable do Bravo Lux, mentres limpa con esmero as sillas da terraza.

 

Javier Ferrer desinfectando unha silla.

 

Noutros locais como o Bar Norte, o 4 ou O Café aseguran que hoxe o día será tranquilo. Tamén os hai que, polo menos de momento, unicamente abren pola tarde, como o Luna’s, e outros, como O Refuxio, estiveron preparándose para a apertura, que non será efectiva ata mediados de semana, aproveitando para facer algunha mellora no local.

Dende hoxe, poden reabrir ao público os establecementos de hostalaría e restauración para consumo no local, sempre que non se supere un 40% do seu aforo. O consumo poderá realizarse unicamente sentado en mesa. As terrazas ao aire libre manteñen a limitación ao 50% das mesas, cunha ocupación máxima de 10 persoas.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button