Máis dun cento de coches clásicos chegados dende diferentes partes de Galicia e provincias como León ou Asturias, participan neste domingo 26 de marzo a I Gran Concentración Automobilística de Coches Clásicos. Todo tipo de clásicos (Renault, Seat, Simca, Mustang, Pontiac, Chevrolet, Saab, Mini,…) que permaneceron expostos duranta a mañá na explanada do Poboado de Iberduero, facendo as delicias dos afeccionados e curiosos que ata alí se achegaban.

Organizada por Secundindo Trincado e José Folla (Petín Pistón) e coa colaboración do Concello e varios voluntarios, así como Protección Civil, o programa inclúe unha ruta turística por diferentes localidades do municipio como Carballar, Mones, Santa María ou San Paio, así como un xantar (servido por Mantesil) no Teleclub de Petín, rematando a xornada co sorteo de agasallos e despedida.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.