A VeigaConcellosÚltima hora

A ‘I Gran Carreira de Carrilanas da Veiga’ percorre a estrada principal da vila

 

Máis dunha década despois de que deixase de celebrarse a Baixada de Carrilanas no Barco de Valdeorras, outro concello da comarca tomaba o relevo.

Tal e como estaba previsto, en torno ás catro da tarde deste sábado 8 de outubro celebrábase pola pola estrada central da vila a I edición da ‘Gran Carreira de Carrilanas da Veiga’ con participantes profesionais e tamén afeccionados que botaron man da imaxinación para confeccionar a súa particular carrilana coa que deslizarse estrada abaixo.

Organizado pola mocidade da Veiga de ‘Espazo Carrilano’ o evento comezaba cunha serie de obradoiros previos centrados na construción das carrilanas, dirixidos fundamentalmente á xente do municipio, e hoxe pola tarde celebrábase a carreira propiamente dita, aberta a todos os interesados e dividida en dúas fases: a primeira, sen federar pensada para correr dunha maneira máis informal, aínda que a organización ofrecía a posibilidade de poder competir por unha serie de premios; e a segunda federada, con pilotos con máis experiencia competindo de maneira oficial no Campionato Galego.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button