SanidadeÚltima hora

A I Xornada sobre Morte Perinatal do Barco reúne a unhas 40 persoas

Esta iniciativa estaba organizada pola Asociación De Nai a Nai en colaboración co Concello

 

Co taller “Morte Perinatal. Coidados. Da teoría á práctica” vén de completarse esta tarde o programa da “I Xornada sobre Morte Perinatal. O duelo invisible”, organizada neste 15 de outubro no Barco pola Asociación De Nai a Nai en colaboración co Concello.

A encargada de impartir o obradoiro era a matrona Natalia Alonso Martínez. Na súa intervención abordaba cuestións como a avaliación da necesidade dos protocolos sanitarios nos casos de morte perinatal, así como o seu ámbito de aplicación e as directrices e elaboración dos mesmos.

 

 

Preto de 40 persoas estaban inscritas nesta xornada, das cales 22 eran sanitarios. Ademais este encontro, que se desenvolvía no edificio multiusos do Barco, ten acreditación solicitada para todas as profesións sanitarias á CFC.

Fotos: A.R.

Máis información e fotos:

“A morte perinatal é un feito que sucede e temos que mitigar a dor dos pais que no futuro pasarán por iso”

Artigos relacionados

Back to top button