OurenseÚltima hora

A ICC Week 2021 arranca mañá coa charla das ourensás Sara Casasnovas e Helena Freijedo

A publicidade e o sector audiovisual centrarán a primeira xornada da Semana das Industrias Culturais que se estenderá ata o 17 de outubro con actividades espalladas por toda a provincia

A actriz ourensá Sara Casasnovas.

 

Mañá, mércores 13 de outubro arranca en Ourense a VII edición da Semana das Industrias Culturais, organizada pola Deputación de Ourense. A publicidade e o sector audiovisual serán os asuntos destacados na xornada inaugural, que arrancará coa presencia dun mago da publicidade, Toni Segarra. Un dos máis importantes publicistas do século XX aportará a súa visión sobre o negocio, cunha charla sobre o poder do valor engadido, que arrancará o programa da ICC Week ás 20,00 horas no Centro Cultural Marcos Varcarcel. De industria e talento falarán máis tarde dúas ourensanas que comparten paixón polo seu traballo, a representante e productora Helena Freijedo e a actriz Sara Casasnovas. Xuntas participarán nunha mesa redonda onde Ourense, como berce de talentos, tamén será protagonista.

A Semana das Industrias Culturais consolida un ano máis á provincia como territorio creativo e de vangarda, co obxectivo de que a cita siga a ser o punto de encontro da comunidade creativa. Nesta edición Muiños, o Parador de Santo Estevo e A Rúa acollen actividades do foro. O programa adicará un espacio importante á literatura, falarase da importancia de engadir valor aos eventos a través de territorio, do papel dos medios na arte culinaria, e celebrarase a presentación da Mobile Week. Dentro de programación tamén está prevista a entrega de Premios Rodolfo Prada, á xestión cultural o vindeiro venres.

 

 

Santiago Auserón co seu proxecto Juan Perro & Sexteto e Coque Malla serán os nomes destacados dentro da programación musical. As entradas para ambos concertos seguen à venda a través de Ataquilla. A ICCWeek tamén inclue nesta edición un espectáculo de humor que levará ata A Rúa o venres 15 de outubro aos cómicos galegos Marta Doviro, Sergio Pazos e Oswaldo Digon. As entradas para este show son de balde e podense reservar na web woutick.com.

Tamén no marco da ICC Week celebraranse as finais dos torneos de FIFA e Fortnite o sábado 16 e o domingo 17 de outubro no Liceo de Ourense. A industria dos videoxogos e os e-sports teñen entidade propia nesta semana das industrias culturais, como ven sendo xa habitual nesta cita coas novas expresións culturais.

O acceso ás diferentes actividades será gratuito ainda que debido a situación actual os aforos son limitados, polo que será necesario reservar invitación para cada evento na web woutick.com . Toda a información actualizada sobre as actividades da ICC Week atoparase na web www.ourenseiccweek.com e nas redes sociais da ICC Week.

Artigos relacionados

Back to top button