ConcellosO BarcoÚltima hora

A igrexa de Santa Rita (O Barco) acollerá o 16 de marzo un “Maratón de Oración polas Vocacións”

Igrexa de Santa Rita, no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Dirixido aos sacerdotes, persoas consagradas, catequistas, encargados de pastoral dos centros católicos de ensino, responsables de movementos, asociacións, irmandades, confrarías, grupos de oración, e fieis, está a campaña do “Día do Seminario” para “facernos tomar conciencia de que esta institución diocesana necesita do compromiso de todos os membros da comunidade eclesial”.

“Pai, envíanos pastores” é o lema da campaña deste ano, que pon de manifesto “a gran importancia da oración de petición polas vocacións sacerdotais. Ao mesmo tempo, a campaña de cada ano, fainos un chamamento á corresponsabilidade de todos para facer ecoar a chamada do Señor entre nenos e novos; e a promover a colecta para o sostemento económico desta institución Diocesana, onde se forman os futuros pastores e aqueles que llo están expondo”, explican dende a Delegación Diocesana de Pastoral Vocacional que organiza unha nova edición do “Maratón de Oración polas Vocaciones” en diferentes zonas pastorais de Diócese de Astorga.

No Arciprestazgo de Galicia, será  Igrexa de Santa Rita, no Barco de Valdeorras, o día 16 de marzo desde as 8 ata as 20horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button