DeportesÚltima hora

A II BTT Ruta do Viño de Valdeorras terá un percorrido de 57km por Vilamartín, Petín, O Barco e Rubiá

O prazo de inscrición finaliza o 18 de outubro

Participantes na anterior edición da BTT Ruta do Viño de Valdeorras./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Ata o próximo 18 de outubro será posible inscribirse, a través da web http://www.rutadelvinovaldeorras.com, no II BTT Ruta do Viño de Valdeorras promovida por eeesta asociación coa finalidade de dar a coñecer o patrimonio natural, patrimonial e cultural da comarca.

“O ano pasado 150 persoas participaron nesta proba non competitiva e esperamos repetir o éxito cultivado, porque se trata dunha acción con vocación de continuidade”, afirma o presidente da Asociación Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez.

Os afeccionados ao ciclismo e á bicicleta de montaña, que teñan máis de 14 anos, poderán inscribirse na iniciativa. Para facelo, simplemente teñen que acceder á pasarela de pago que se habilitou en liña e recoller, posteriormente, o seu dorsal.

Para a proba, que se celebrará o 23 de octubro, terá un percorrido de 57 quilómetros ao longo de catro municipios valdeorreses: O Barco, Rubía, Vilamartín e Petín, con saída e chegada na zona do Bañadoiro, en Vilamartín de Valdeorras. Unha parte do percorrido proposto transcorre polo Camiño de Inverno, un dos principais activos turísticos de Valdeorras, ademais de pasar por outros puntos de interese da comarca como a ponte de Éntoma, a Vía Nova, a Igrexa de Outarelo, o Pazo do Castro, a Torre do Castro, o Mosteiro de Xagoaza, as Casas Grandes de Portela, a área recreativa do Bañadoiro ou o paseo do Malecón, xunto ás “impresionantes paisaxes de viñedos que existen ao longo de toda a ruta”, aseguran dende a organización.

Artigos relacionados

Back to top button