En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A II Cea Popular de Petín reúne a unhas 380 persoas

A cita gastronómica enmárcase na celebración da Feira de 1812 que se celebra esta fin de semana

 

Seguindo o program previsto, tralo paso polo recinto feiral, nesta ocasión os arredores da praza Doutor Quiroga, no que se concentran preto de 40 postos de gastronomía, artersanía e viño, a seguinte cita da IX Feira de 1812 en Petín era a esperada Cea Popular que tralo éxito da primeira edición, xusto antes da pandemia, regresaba este ano, volvendo ser un éxito de asistencia.

En torno ás 380 persoas de todas as idades, e procedencia variada, ocupaban pasadas as dez e media da noite do sábado 4 de xuño, as mesas instaladas no patio do Teleclub (o escenario orixinal era o casco vello pero a ameaza de chuvia obrigaba á organización a mudar de ubicación). E alí, as auténticas protagonistas eran as rapazas do Rúa Valdeorras Fútsal, o equipo feminino de fútbol sala que chegaba dende Barbadás como flamante campión da Copa Deputación de Ourense 2022.

 

 

Tralos aplausos e vítores comezaba a cea, un menú elaborado e sevido por Mantesil a base de empanada, langostinos cocidos e carne asada con patacas. De postre, brazo; e para bebe viño de Valdeorras, auga ou refrescos.

Entre os numerosos asistentes de toda a comarca, estaban os membros da Sonora Petinea, a orquestra orixinaria de Petín que tra seis anos de silencio volvía subirse ao escenario, na praza, poñendo o broche musical á intensa xornada, cun fin de festa que duraba ata a madrugada.

A feira continúa hoxe coa apertura do mercado e a actuación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense a partir das sete da tarde.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button