CulturaCulturaÚltima hora

A II parte da reportaxe do IEV ‘Valdeorras pobo a pobo’ proxéctase esta tarde no Casino do Barco

 

Na tarde deste venres 25 de novembro proxectarase no Casino do Barco de Valdeorras a segunda parte da película/ reportaxe ‘Valdeorras pobo a pobo’, producida polo IEV nos anos 70 na que se pode aprezar o estado das rúas e edificacións de hai medio século.

No mesmo acto, que se celebrará no segunndo andar do Casino a partir das 20 horas, expoñeranse fotos de gran formato das instalacións das minas de wolfram de Valborraz, en Casaio, e algún dos planos orixinais e obxetos de uso do recinto mineiro.

O evento enmárcase no programa das “Tertulias do IEV” que nesta ocasión estará centrada en personaxes valdeorreses “que fixeron época”. Ao final “brindaremos con viño o espumoso valdeorrés, pedindo que rematen as guerras e conflitos internacionais que nos están a levar a unha situación de pobreza e carencias”, convida o presidente do IEV, Aurelio Blanco.

Artigos relacionados

Back to top button