En portadaÚltima horaVídeos

A III BTT da Ruta do Viño de Valdeorras sairá desde O Aguillón, na Rúa

A proba ciclista, non competitiva, celebrarase o 22 de outubro e os 75 primeiros en anotarse poderán formalizar a sú inscrición ao prezo de 20 euros

 

A III edición da BTT da Ruta do Viño de Valdeorras, unha iniciativa xurdida en 2021 para promocionar o territorio amparado vitivinícola da comarca e ligalo á práctica deportiva, partirá este ano dende o concello da Rúa, concretamente dente O Aguillón.

Nese mesmo punto a proba ciclista non competitiva que se desenvolverá na xornada do 22 de outubro, era presentada na mañá deste martes 9 de maio por parte do presidente da Ruta do Viño, Joaquín Sánchez; do alcalde da Rúa, Álvaro Fernández; e o delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén. No acto tamén estiveron presentes no acto Víctor González, xerente de Roteiros Xanzá e Patricia de Andrés, secretaria do Consello Regulador da D.O. Valdeorras.

 

O presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez.

 

Na súa intervención, Joaquín Sánchez destacou que a acollida desta actividade, deseñada desde a Ruta do Viño co apoio da Axencia Turismo de Galicia, foi moi ampla desde o principio e recoñeceu que a alta participación rexistrada sorprendeu á propia organización. O primeiro ano, en 2021, foron máis de 150 persoas as que participaron na proba e o ano pasado, debido ás condicións meteorolóxicas adversas, a cifra reduciuse lixeiramente, pero aínda así alcanzou as 115 inscricións.

Por este motivo, a Ruta do Viño decidiu dar continuidade á iniciativa, que este ano conta co apoio explícito do Concello da Rúa a quen Joaquín Sánchez agradeceu o seu respaldo á proba e lembrou que A Rúa é o municipio con máis adegas de todos cuantos conforman o territorio amparado de Valdeorras. Deste xeito, grazas á proba, segundo sinalou Sánchez, contribúese a poñer en valor a este Concello “como destino enoturístico de primeira orde dentro de Galicia”.

 

O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

 

O presidente do Ruta do Viño reiterou a mensaxe que lanzara o pasado venres, con motivo do acto inaugural da Primavera de Puertas Abertas na comarca, e instou de novo aos concellos da zona para unir esforzos para a creación dun Consorcio de Turismo na comarca. Na súa opinión, este organismo podería “axudar a dinamizar a afluencia de visitantes a toda a comarca con accións estratéxicas concretas.

Tal como explicaron na presentación, a ruta deste ano terá un percorrido duns 45 kilómetros e un desnivel positivo de 1.300 metros. Será un perfil de dificultade baixa que pasará por fermosas zonas de Freixido, Seadur, Larouco, Portela, O Seixo e Petín para rematar de novo no punto de partida, O Aguillón.

 

O alcalde da Rúa, Álvaro Fernández.

 

Na presentación, o delegado da Xunta felicitou á organización pola iniciativa e polo éxito das xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño celebra a fin de semana, “convencido do potencial turístico que tedes nesta zona, ademais do potencial industrial e da calidade dos vosos viños polos que destades cada vez máis”, dixo, reiterando a aposta da Xunta polo “enoturismo e pola enogastronomía”.

Pola súa banda, o alcalde da Rúa loou a “espectacularidade” da área recreativa do Aguillón, “unha paraxe que albergou e alberga moitas iniciativas deportivas”, dixo, agradecendo á Ruta do Viño a organización desta iniciativa que “apoiamos ao cen por cen”, loando tamén que cada ano se desenvolva nun concello “para dar a coñecer o bo que temos porque nós sempre apostamos polo concepto de comarca”, dixo adiantando que os fondos Nest Generation, “traerán o catamarán á Rúa para dar un servizos máis”.

 

 

As persoas interesadas en inscribirse na proba poderán facelo a partir de mañá na web http://sportmaniacs.com. A organización pon en marcha unha promoción especial para os 75 primeiros en anotarse á BTT, que poderán formalizar a súa inscrición ao prezo de 20 euros. A partir de aí, o prezo por inscrición será de 29 euros.

Fotos e vídeo:  Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button