Ao longo da pasada fin de semana eran numerosas as persoas que respondían a convocatoria solidaria e deportiva da III Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín, así como do resto de localidades españolas implicadas nesta iniciativa. En total, segundo os datos actualizados ás 23h. do 22 de novembro, son 4.271 os participantes nesta edición virtutal en España.
A provincia de Ourense é unha das que máis participación ten rexistrado, con 591 participantes. Tan só foi superada polos 1.273 inscritos de Alacante e os 829 de Madrid. Ademais nas outras tres provincias galegas tamén había inscritos: 98 na Coruña, 75 en Pontevedra e 65 en Lugo.
Xa fose andando, correndo ou en bicicleta multitude de persoas de todas as idades sumábanse a esta iniciativa solidaria entre o 19 e o 22 de novembro, tal e como vimos contando e amosando en imaxes nestes días dende a edición dixital do Periódico O SIL.
A todas elas amósanlle o seu agradecemento ás promotoras desta iniciativa en Valdeorras. Ademais lembran que tamén poden facerse doazón directamente na conta da Carreira da Asociación Cancro de páncreas indicando “Carreira Virtual”. Os datos da conta son os seguintes: − Asociación Cancro de Páncreas (Acanpan) − Caixa Bank − CCC: 2100 9055 1302 0012 7673 − IBAN: ES16 2100 9055 1302 0012 7673 ou na conta de Acapaval indicando “Doazón Cancro de Páncreas”. Os datos desta segunda conta son os seguintes: − Asociación Cancro de Páncreas de Valdeorras Caixa Bank− ES31 2100 4346 0302 0018 5639 CCC: 2100 4346 03 02 00185639
Ademais, aqueles que queiran enviar imaxes da súa participación na carreira para a súa publicación poden facelo ao correo redaccion@osil.info.
Fotos cedidas.