Numerosas persoas achegábanse durante esta fin de semana ata o concello valdeorrés da Veiga para visitar a III Exposición Agrogandeira Crianza Trevinca. Ademais da mostra de gando (cun cento de cabezas, entre gando bovino, ovino, caprino e cabalar), o programa incluía diversas actividades parelalas como demostracións de oficios tradicionais, así como unha mostra de maquinaria agrícola ou un espectáculo ecuestres. Entre as propostas tamén figuraban degustacións de produtos locais e unha cata de viños.
Fotos: Carlos G. Hervella.