CD RúaDeportesFútbolÚltima horaVídeos

A infantil Iris Acevedo (CD Rúa) regresa ao terreo de xogo trala lesión sufrida en xaneiro

 

A mediados do mes de xaneiro, a xogadora do Infantil B do CD Rúa, Iris Acevedo Blanco, sufria unha lesión no campo do Verín pola que tiña que ser operada en Ourense. Todo foi ben e Iris regresaba pronto a casa, pero sen xogar, recibindo numerosas mostras de cariño por parte dos seus compañeiros do club, con mensaxes de ánimo que recibía como espectadora.

A lesión mantiña a Iris case catro meses afastada do terreo de xogo, ao que regresaba o pasado venres 12 de maio no partido disputado no Vicente Solarat Maceda ante o Carballiño Bao que vencían por 10 goles a 1. A propia Iris marcaba un.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button