Como consecuencia dunha avaría na rede, nas últimas horas producíase unha inundación nun garaxe na rúa Salgueiral do Barco que obrigaba a intervir aos efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras e os bombeiros do parque comarcal.
Arestora aínda se continúa traballando para solventar a situación no lugar, ata onde tamén se desprazaba a Policía Local do Barco.
Ademais, con motivo desta avería, a rúa Salgueiral cortábase ao tráfico.