ConcellosO BarcoÚltima hora

A inundación dun garaxe no centro do Barco mobiliza aos servizos de emerxencia

 

Na mañá deste sábado 4 de marzo producíase unha gran inundación no garaxe do número 27 na rúa Pérez Lista, moi preto da praza José Otero, no Barco de Valdeorras. Alí, dende primeira hora traballan bombeiros e membros do GES Valdeorras, entre outros, para achicar a auga.

Ata o lugar dos feitos tamén se desprazaba a Policía Local do Barco, permanecendo cortada a  rúa durante boa parte da mañá.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button