DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A IV Travesía a nado de Valdeorras, en fotos

Vilamartín acollía na tarde do 1 de setembro a IV Travesía a Nado de Valdeorras, unha cita incluída no circuíto galego de augas abertas. Máis de 60 nadadores de diferentes puntos da comunidade participaban nesta cita, que contaba con dúas distancias: 2.525 m e 5.050 m.

Entre os participantes había tamén unha representación do Club Natación Valdeorras, que era ademais o organizador da proba. O ganador da distancia longa (5.050 m) era Gaspar Andrade (CN Arzúa), mentres que nos 2.525 o primeiro en chegar a meta era Raúl Civeira (Club Natación Pabellón Ourense).

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na edición en papel de O Sil Deportivo.

Artigos relacionados

Back to top button