En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A IX Noite Branca do Barco CCA desprégase en 29 establecementos da vila

Un total de 26 comercios e 3 locais de hostalaría participaban nesta edición, na que non faltaban os descontos, os petiscos e a música

Publicidade

 

Fronte ao calor, música, premios, descontos, saborosos petiscos e bebidas frescas. A partir das oito da tarde deste venres cobraba vida no Barco a novena edición da Noite Branca do Centro Comercial Aberto (CCA).

Adornados con globos brancos e alfombras verdes os 29 establecementos participantes na campaña recibían aos seus clientes. Eran tres locais de hostalería e vinte e seis comercios de diferentes sectores, que ademais de ofrecer descontos en produtos de tempada alongaban seu horario de apertura ata as 23 horas.

 

 

Os establecementos participantes desta edición eran: Ana da Puente, Ana Óptica, Baamonde, Boutique Glory, Boutique Suá, Café Teatro Bajo 5, Can Can, Casabella, Crash, D´Chus, Deportes e bicis Chapi, Eneska, Pamen, Foot on Mars, Garoba, Koki, L´araña, A Maltería, Librería Murciego, Mercería Carmiña, Miranda X, Modas Toño, N 37, Ou Bambán dos Sorrisos, Pizpireta, Trios 2.0, Veira Sil, Zapatería Moral, Zapatería Palpie.

 

 

Ademais o ritmo da Charanga Louband envolvía ás rúas comerciais do Barco a partir das 21h. que percorría zonas como a praza Andrés de Prada, a praza do Sagrado e a praza Maior e, logo, polo Paseo do Malecón.

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button