AutomobilismoDeportesGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A KDD Vadeorras reúne a uns 180 vehículos na Proba (O Barco)

 

En torno aos 180 vehículos, chegados dende diferentes puntos da comarca e tamén de cidades como Vigo ou León, entre outras, participaban na exitosa KDD Valdeorras que se celebraba o domingo 19 de decembro no recinto pechado de Amicar, na Proba (O Barco).

 

 

O seu promotor, Iago Ferreira Pérez, levaba unhas semanas dándolle voltas á idea que finalmente se convertía nunha “kedada” real na que puderon verse todo tipo de vehículos, algúns moi preparados e espectaculares (Volkswagen, Renault, BMW, Lotus,…) que comezaban a chegar en torno ás 13 horas, momento no que o recinto abría as portas do recinto, e non marchaban ata pasadas as sete e media, con exposición, exhibición, postos de comida e bebida e música a cargo dun dj.

 

 

Conforme ían chegando, e tras rexistrarse para que a organización puider levar un un control da asistencia, os coches, polo menos a maioría, íanse colocando pola explanada para que todo aquel que quixerea pudera velos, non só por fóra senón tamén por dentro, prestando especial atención aos motores. Pola tarde tamén houbo tempo para queimar roda e poñer a proba os tubos de escape.

 

 

Dado o éxito de convocatoria desta primeira edición, Iago xa está pensando na segunda que, se todo vai segundo o pensado, espera organizar para o vindeiro ano, “a finais de xaneiro ou comezos de febreiro, en torno ao Entroido, máis ou menos”, di, adiantando que para entón xa contarán con premios (para o coche máis, baixo, para o que soe, para o que veña de máis lonxe,…) e tamén sorteo de material automobilístico.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button